See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Quinetoscopio - Wikipedia

Quinetoscopio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O quinetoscopio foi o percusor do moderno proxector de películas desenvolvido por William Kennedy Laurie Dickson mentres traballaba con Thomas Edison.

Un quinetoscopio coa tapa aberta, a película de lazo, e o visor superior aberto.
Un quinetoscopio coa tapa aberta, a película de lazo, e o visor superior aberto.

De acordo cos feitos históricos, antes de ter a idea Edison inspirouse nunha visita que fixo a Eadweard Muybridge en 1888, quen desenvolveu unha invención á que chamou Zoopraxiscopio. Parece ser que a intención de Muybridge era financiar e promover unha maior colaboración con Edison na elaboración dun deseño dunha máquina que puidese emitir son e proxectar imaxes á vez. Neste deseño incluíase o fonógrafo inventado por Edison..

Entón, Edison, impresionado e inspirado polas ideas de Muybridge, rapidamente e independentemente rexistrou a patente dunha máquina que podería "facer para os ollos aquilo que o fonógrafo fai para os oídos". Asignou a tarefa do novo deseño a Laurie Dickson, e decidiu chamar "ao seu" invento como "quinetoscopio" (kinetoscope), como resultado da combinación das palabras gregas "kineto" (movemento) e "scopos" ("ver").

Edison, Dickson e outros traballadores do laboratorio de Edison, realizaron progresos no deseño ata un punto, xa que a idea de facer servir cilindros rotativos só permitiría proxectar animacións demasiado curtas, tendo en conta a limitación do diámetro do cilindro. O proxecto quedou paralizado, pero se reemprendió logo dunha visita de Edison a Etienne-Jules Marey, un médico e fotógrafo francés que desenvolvera un "cronofotógrafo", co cal facía servir unha tira de película moito máis larga que o diámetro de calquera cilindro utilizable.

Os traballos de John Carbutt sobre a película de celuloide ofreceron máis progresos nesta dirección, xa que William Heise, traballando con Dickson nos laboratorios de Edison, incorporou este avance. A película deseñouse como un lazo, que serpenteaba ao redor dunha serie de eixos dentro dunha caixa de madeira, e podíase ver mirando hacta abaixo desde unha abertura. Así, os laboratorios desenvolveron unha nova cámara para utilizar esta película, o quinetógrafo.

O 20 de maio de 1891, a primeira proxección pública do prototipo de quinetoscopio de Edison realizouse nos seus laboratorios para unha convención da Federación Nacional de Clubs de Mulleres dos EUA. A presentación pública do quinetoscopio completo tivo lugar no Instituto das Artes e as Ciencias de Brooklyn o 9 de maio de 1893.

Índice

[editar] Quinetófono

O quinetófono foi un primeiro intento de Edison para unificar a imaxe e o son a finais do século XIX. Na primavera de 1895, presentou esta máquina, é dicir, unha película de quinetoscopio sincronizado por unha correa cun fonógrafo. A primeira película que se mostrou nun quinetófono foi "Dickson Experimental Sound Filme".

Dickson abandonou o laboratorio e o quinetoscopio caeu en popularidade, e os traballos do quinetófono suspendéronse durante dezaoito anos. En 1913, Edison presentou un novo quinetófono deseñado para sincronizar o son cunha película proxectada nunha pantalla externa, pero aínda persistían os problemas con cortes de película, e cos operadores que estaban mal preparados, o que provocaba desincronización co son. O resultado, entón, foi a insatisfacción da audiencia e a falta de popularidade do quinetófono.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

  • Historia do cine
  • Lurline Baths


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -