Presidente do Parlamento de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O cargo de presidente do Parlamento de Galicia é o máximo representante do poder lexislativo dentro da comunidade autónoma. Ostenta a representación da Cámara e é elixido polo Pleno para a totalidade da lexislatura. Preside todos os demais órganos colexiados do Parlamento.
[editar] Lista dos presidentes do Parlamento de Galicia
- Antonio Rosón (1981-1986)
- Tomás Pérez Vidal (1986-1989)
- Vitorino Núñez (1989-1997)
- Xosé María García Leira (1997-2005)
- Dolores Villarino (2005-)