Premios Mestre Mateo 2002
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nos Premios Mestre Mateo do ano 2002 público e profesionais escollen Entre bateas como mellor película.
A gala de entrega dos I premios Mestre Máteo deixou tres títulos vencedores: Entre bateas de Costa Oeste, que recolleu dez dos vintecatro premios; Os luns ó sol coproducida por Continental e a TVG recibiu tres, igual cá serie producida polo grupo Voz, Terra de Miranda. A gala, conducida por Javier Veiga, foi aumentando o ton reivindicativo a medida que os premiados foron recordando a situación provocada polo Prestige.