Premio Nacional de Arquitectura e espazos públicos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Premio Nacional de Arquitectura e espazos públicos é un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.
Os premios concédense a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico da arquitectura e do urbanismo, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convócase anualmente dende 2008, edición na que os galardonados reciben 15.000 euros de premio. O galardonado ou galardonada anúnciase no mes de maio.