Philippe Pétain
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Henri-Philippe-Omer Pétain (1856 - 1951) foi un militar e estadista francés, marechal de Francia en 1918.
Considerado un salvador da Francia durante a Primeira Guerra Mundial, foi o xefe de Estado e do goberno colaboracionista de Vichy de 1940 a 1944, durante a ocupación nazi na Segunda Guerra Mundial. Condenado a morte por traizón, seríalle indultada a pena pola de cadea perpetua, polo xeneral Charles De Gaulle.