Peter Paul Rubens
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Peter Paul Rubens (28 de xuño, 1577 – 30 de maio, 1640) foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII, as súas obras zumegan un estilo barroco exhuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade.
A súa estadía en Italia (1600-1608) serviulle para coñecer a escultura antiga e a obra dalgúns dos máis importantes pintores do século XVI. A pintura de Rubens representa os ideais contrarreformistas e está ó servizo da política dos Habsburgo. As súas composicións caracterízanse pola súa complexidade, polo cromatismo cálido e vibrante, as potentes anatomías, o dinamismo e enerxía que chega mesmo ó violento. A partir de 1617 un obradoiro con numerosos empregados permítelle cumprir os encargos de amplas series. Os seus últimos anos, aproximadamente a partir de 1635, defínense pola súa técnica discontinua, pola unificación tonal e o debuxo diluido, á vez que pola súa sensibilidade pola vida do campo, a alegría vital dos espidos mitolóxicos e a emoción das súas obras relixiosas.