Peter Pan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A primeira aparición de Peter Pan foi en forma impresa no ano 1902 nun libro titulado "O paxariño branco", unha versión de ficción da relación entre o seu escritor James Matthew Barrie e os nenos Llewelyn Davies, e logo foi utilizado nunha obra teatral moi famosa: "Peter Pan ou o neno que non quería medrar", estreada en Londres o 27 de decembro de 1904.
No ano 1906, a sección d'"O paxariño branco" na que aparecía Peter Pan foi publicada coma o libro "Peter Pan nos xardíns Kensington", con ilustracións de Arthur Rackham. En 1911 Barrie adaptou a obra teatral a unha novela: "Peter e Wendy" (na actualidade coñecemos esta novela có nome como " Peter Pan¨ simplemente ).