Pena de morte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A pena capital ou pena de morte é a execución dun prisioneiro como castigo por un crime ou delito. A expresión provén do latín capita (=cabeza), onde á súa vez chegou supostamente dun termo indoeuropeo kaput, co mesmo significado. Así, etimoloxicamente, a pena capital é o castigo imposto a un crime tan grave que, a xúízo dalgúns, merece a decapitación.
Segundo o informe anual de execucións judiciais de Amnistía Internacional, no ano 2003 foron executadas polo menos 1146 persoas en 28 países. O 84 % das mortes documentadas ocorreron en catro países: a República Popular China levou a cabo 726 execucións, Irán matou 108 persoas, Estados Unidos 65 e Vietnam 64.
O 10 de outubro celébrase o Día Mundial para sensibilizar a poboación.
[editar] Métodos de aplicación
A continuación enuméranse unha serie de métodos de execución utilizados ó longo da historia:
- Afogamento
- Asfixia
- Aplastamento
- Aplastamento por elefante
- Cámara de gas
- Crucifixión
- Decapitación
- Desangrado
- Desmembramento
- Electrocución nunha cadeira eléctrica
- Empalamento
- Envenenamento
- Estrangulación
- Fusilamento
- Garrote
- Forca
- Inxección letal
- Fogueira
- Roda
- Lapidación
- Morte por mil cortes
[editar] Ligazóns exeternas
- Protocolo europeo contra a pena de morte de 1983/1999
- "La matanza legal" Noticias sobre a pena de morte por Inter Press Service