Pazo de Fefiñáns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Situación
O Pazo de Fefiñáns atópase en Cambados, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra.
Dalle nome á praza máis destacada desta vila. De aire clásico, integra un harmonioso conxunto coa súa arcada, torre da homenaxe e a veciña Igrexa de San Benito.
[editar] Historia
Foi construído no século XVI por Don Juan Sarmiento Valladares, conselleiro de Filipe II, sufríu novos engadidos no século XVII, encargados polo vizconde Gonzalo Valladares. Máis tarde pasou a propiedade dos marqueses de Figueroa.
Na fachada do poderoso edificio pódense ver os escudos das familias nobiliarias.