Cambados
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cambados | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Cambadés |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Salnés |
Área: | 23,4 km² |
Entidades de poboación: | 5 de parroquias |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | 42° 31' N, 08° 49' O |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 13.564 hab. |
Densidade: | 577,68 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 96,94 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 68,53 % |
Ás veces: | 22,04 % |
Nunca: | 9,41 % |
Política (2007) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 9 (4.279 votos - 47,98% %) BNG 3 (1.774 votos - 19,98% %) PSdeG-PSOE 5 (2.488 votos - 27,90% %) Outros: Partido Galeguista - 0 (288 - 3,23% %) |
Alcalde: | Xosé Manuel Cores Tourís (PPdeG) |
Eleccións municipais en: Cambados |
|
Censo electoral (2007) | |
Total electores: | 12.089 - 100 % |
Votantes: | 9.014 - 70,87% % |
Abstencións: | 3.075 - 29.13% % |
Votos en branco: | 90 - 1.00% % |
Votos nulos: | 95 - 1.05% % |
Orzamentos (2000) | |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Praza do Concello, s/n |
Teléfono: | 986 52 09 02 |
Fax: | 986 52 48 66 |
Código postal: | 36630 |
Correo electrónico: | contacto@cambados.es |
http://www.cambados.es// | |
|
|
Notas: |
Cambados é un concello da Provincia de Pontevedra en Galiza. Pertence á Comarca do Salnés.
Poboación en 2005: 13.581 persoas segundo o IGE.
Limita cos concellos de: Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meaño e co océano Atlántico.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Cambadés
Evolución da poboación de: Cambados - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
5.603 | 6.956 | 9.290 | 12.628 | 13.564 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Historia
Sobre a orixe do seu nome hai varias teorías (todas precientíficas), unha di que este nome é debido aos descendentes da familia Camba; outra, que se debe aos Celtas, de Cambrae (Cambra, berce); e unha terceira, que o deriva dos vocábulos Cam, lago e Bados, casa. Calquera que sexa verdade, o certo é que nos S. VI e V a.C. os celtas se instalaron nos seus montes e bosques, nas proximidades dos ríos e o mar, como así o demostran os vestixios arqueolóxicos.
Posteriormente e a igual que toda a costa galega, foi explorada polos fenicios en busca de cobre e estaño, como o testemuña a Torre de Lobeira, que desempeñou funcións de faro para a navegación destes comerciantes, establecidos na desembocadura do Umia, onde tamén aproveitaron as riquezas salinas das terras do Salnés.
Na dominación romana, dende a zona de Cambados organízanse loitas contra o invasor. Exemplo diso foron as loitas habidas contra o procónsul Xulio Bruto, co cal se chegou a firmar un tratado, aínda que posteriormente este procónsul arrasou a zona, perdendo esta unha gran parte da súa importancia.
O rei godo Éxica designa ao seu fillo Witiza, o que nun futuro sería rei dos Godos, como Gobernador de Galiza. Durante o seu goberno concedeu grandes privilexios a Cambados.
Na invasión árabe, Abdelaziz entra en Galiza atacando Lugo, Tui, Ourense e Cambados; posteriormente, Froila I, fillo de Afonso I, vénceos á beira do Umia. Nas continuas razzias dos árabes polo norte da Península Ibérica e durante o século seguinte, entre os anos 816 e 821, estes seguen atacando as poboacións galegas; na segunda destas datas, o Rei Afonso I o Casto derrótaos e despois de iso, Cambados buscando unha protección, faise feudo do Bispado de Tui, xa que pertencera ao seu antigo dominio (Tudem Graviorum).
Durante os S. IX e X, Cambados é tamén vítima, como case toda a costa galega, das correrías e tropelías dos normandos.
Fernando II, Rei de León, en 1170 dálle o título de "Moi Real Vila" e confírmalle os privilexios que Witiza lle concedera.
No S. XII, o núcleo máis antigo de Cambados, denominado Vila Vella, estaba constituído por San Tomé xunto con Santa Mariña. O Bispo Xelmírez incorporou a Vila ao Bispado; no século seguinte e por aforamento, pasou a ser señorío de Paio Gómez Chariño e durante moitos anos estivo vinculada ao liñaxe dos Soutomaior e Chariño e tamén aos condes de Castronuevo e Villaumbrosa.
Durante o levantamento dos Irmandiños, únense as forzas das súas parroquias, que actuaron polas zonas limítrofes, chegando ata Ponte Sampaio.
Os Reis Católicos concederon tamén privilexios a Cambados polos seus merecementos e valor na conquista de Granada, eximíndoa de moitos tributos que estaban obrigados a pagar ao Arzobispo Santiagués.
O 25 de setembro de 1484, a raíña Isabel deu orde de restituír ao Conde de Camiña, os seus lugares de Cambados e Nogueira.
A zona de Cambados fora doada primeiramente ás Ordes do Temple e do Santo Sepulcro e posteriormente á de San Xoán de Xerusalén, aforándoa estas Ordes ás Casas de Soutomaior e de Ulloa, pasando despois á Casa de Monterrei e desta á de Alba.
Filipe IV concede unha cédula para que non se leven mariñeiros de Santo Tomé para a súa Real Armada, posto que estes han de defender esta vila dos ataques dos piratas.
En 1709, o señorío e xurisdición de Santo Tomé e Santa Mariña pasan por venda do IV Conde de Castronuevo ao I Marqués de Montesacro.
Durante a Guerra de Independencia, os veciños de Cambados actuaron continuamente acosando ás divisións dos Mariscais Soult e Ney, contribuíndo así á derrota dos franceses.
Em 1820 naceu o concello de Cambados, cabeza de partido xudicial, integrando a totalidade do territorio actual e mailo de Ribadumia. Segregáronse en 1841 este concello e tamén a parroquia de Deiro, incorporada ao concello veciño de Vilanova de Arousa. Cambados mantivo a capitalidade de partido xudicial.
Cambados é capital da Comarca do Salnés e Cuna do Albariño.
[editar] Comunicacións
As principais vías de comunicación do concello son as estrada C-550, de Pontevedra a Fisterra, e a Vía Rápida do Salnés, que conta cun desvío até este concello e enlaza coa Autoestrada do Atlántico (AP-9), que une A Coruña con Vigo. Ademais diso, unha pequena rede de estradas locais comunica as distintas entidades de poboación entre si.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Cambados
Estatua sobor da vendima do albariño |
[editar] Lugares de Cambados
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambados vexa: Lugares de Cambados.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cambados | |
---|---|
Cambados (Santa Mariña) | Castrelo (Santa Cruz) | Corvillón (San Amedio) | Oubiña (San Vicenzo) | Vilariño (Santo Adrián) |
[editar] Cambadeses de sona
- Ramón Cabanillas Enríquez, poeta (1876-1959).
- Francisco Asorey González, escultor (1889-1961).
- Francisco Fernández Rei, escritor (n. 1952).
- Francisco Leiro Lois, escultor (n. 1957).
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Museo Muíño de Mareas A Seca
- Festa do albariño
Referencias relacionadas con Galicia |
||