Paraoa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paraoa é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Hao. Está situado a 930 km ao sueste de Tahití.
Ten unha superficie total de 4 km² e está deshabitado, sen infraestrutura algunha. Foi descuberto en 1767 polo inglés Samuel Wallis que o chamou Gloucester.