See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Paradoxo do aniversario - Wikipedia

Paradoxo do aniversario

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O paradoxo do aniversario establece que se hai 23 persoas reunidas hai unha probablidade do 50,7% de que polo menos dúas persoas delas fagan os anos o mesmo día. Para 60 ou máis persoas a probabilidade é maior do 99%. Obviamente é do 100% para 367 persoas (tendo en conta os anos bisestos). En sentido estrito isto non é un paradoxo xa que non é unha contradición lóxica; é un paradoxo no sentido de que é unha verdade matemática que contradi a común intuición. Moita xente pensa que a probabilidade é moito máis baixa, e que fan falla moitas máis persoas para que se alcance a probabilidade do 50%.

[editar] Cálculo da probabilidade

Calcular esta probabilidade é o problema do aniversario. A teoría foi descrita na American Mathematical Monthly en 1938 na teoría de Estimación do total de poboación de peixes nun lago de Zoe Emily Schnabel, baixo o nome de captura-recaptura estatística.

A chave para entende-lo paradoxo do aniversario é pensar que hai moitas probabilidades de atopar parellas que fagan anos o mesmo día. Especificamente, entre 23 persoas, hai 23×22/2 = 253 pares, cada un deles un candidato potencial para cumpri-lo paradoxo. Hai que entender que se vostede entrase nunha habitación con 22 persoas, a probabilidade de que calquera cumpra anos o mesmo día que vostede, non é do 50%, é moito máis baixa. Isto é debido a que agora só hai 22 pares posibles. O problema real do paradoxo do aniversario consiste en preguntar se o aniversario de calquera das 23 persoas coincide co aniversario dalgunha das outras persoas.

Para calcula-la probabilidade aproximada que nunha habitación de n persoas, que polo menos dúas fagan anos o mesmo día, sen contar anos bisestos e os xemelgos, e asumimos que existen 365 aniversarios que teñen a mesma probabilidade. O truco é calcular primeiro a probabilidade de que n aniversarios sexan diferentes. Esta probabilidade vén dada por:

p = \frac{364}{365} \cdot \frac{363}{365} \cdot \frac{362}{365} \cdots \frac{365-n+1}{365}

porque a segunda persoa non pode ter o mesmo aniversario que o primeiro (364/365), a terceira persoa non pode ter o mesmo aniversario que as dúas primeiras (363/365), etc. Usando notación factorial, pode ser escrita como:

p = { 365! \over 365^n (365-n)! }

para n ≤  365, e 0 para n > 365.

Agora, 1 - p é a probabilidade de que polo menos dúas persoas teñan o mesmo día de aniversario. Para n = 23 obtense unha probabilidade de ao redor de 0,507. En contraste, a probabilidade de que calquera nunha habitación de n persoas teñan o mesmo día de aniversario que vostede está dada por:

 1- \left( \frac{364}{365} \right)^n

que para n = 22 só dá ao redor de 0,059, e necesitaríase polo menos unha n de 253 para dar un valor de 0,5.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -