Panteón de Galegos Ilustres
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na capela lateral esquerda da igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
Neste lugar descansan os restos de varias personaxes galegas da máxima relevancia, como os escritores: Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, o intelectual e cartógrafo Domingo Fontán, o escultor Francisco Asorey, etc. A derradeira persona soterrada neste mausoleo é o político, escritor e debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que descansa neste lugar dende o ano 1984.