Palawan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A illa de Palawan é a illa máis grande da provincia de Palawan, Filipinas. Mantense pouco desenvolvida e silvestre, con abundante vida salvaxe , xunglas e montañas. As costas son de area branca, o que se converte en gran atracción turística.
A capital da provincia chámase Porto Princesa. Como atraccións turísticas a destacar, atópase o río subterráneo duns 8 quilómetros que se pode visitar e percorrer en barca, a zona do norte chamada o Niño, con variadas paraxes e e zonas de mergullo e unha frondosa xungla, espazo declarado de interese mundial pola UNESCO.