Paio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santo galego nacido en Turonio (Bispado de Tui) o ano 911, seguramente na freguesía de Albeos. San Paio soportou na súa persoa o duro peso da dominación musulmá, con gran tesón e fe que lle fixo merecedeiro da canonización. Trala batalla de Valdejunquera, en Cádiz (ano 920) tanto el coma o seu tío, bispo da diocese de Tui, foron prendidos. O seu tío foi liberado co obxectivo de que conseguise unha grande suma de cartos e pagar o rescate. Entanto, na cadea, o califa sentiuse atraído pola figura do rapaz Paio que tiña apenas catorce anos. As negativas do novo, que se refuxiaba sempre no amor de Deus, foron o motivo do seu posterior sacrificio polo que a Igrexa recoñeceu o seu martirio.
Aínda que a historia da súa vida non ten na actualidade moita repercusión no imaxinario colectivo o seu nome ten amplísima difusión en topónimos da Galiza toda.