See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pablo Morillo - Wikipedia

Pablo Morillo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pablo Morillo
Pablo Morillo

Pablo Morillo, conde de Cartagena de Indias e marqués de la Puerta (1775-1837), foi un destacado militar español, que loitou na Guerra da Independencia española (1808-1814) e, posteriormente, en Latinoamérica, defendendo o dominio colonial español.

Índice

[editar] Biografía

Pablo Morillo nacio en Fuentesecas, Zamora en 1775. En 1787 ingresou no corpo de Infantería de Mariña, actuando, aínda ben novo, en Tolón, Francia, e na batalla de Trafalgar (1805), sendo ascendido a sarxento. No inicio da Guerra da Independencia, Morillo estaría presente na batalla de Bailén, valéndolle a súa actuación o ascenso a capitán. Foi logo enviado a Galicia, pola Xunta Suprema Central.

[editar] Na Galiza

Morillo, como militar, actúa nas comarcas miñotas da actual provincia de Pontevedra, onde se incorpora as guerrillas alí combatentes, con mandos como Cachamuíña, chegando a obter o grao de coronel. Participa logo no cerco de Vigo, cidade que é reconquistada o 28 de marzo de 1809. Despois acude ao cerco de Tui, e máis tarde ao de Santiago de Compostela, que se toma en maio dese mesmo ano. A penas dous meses logo Morillo dirixe a vitoria de Ponte Sampaio, do 7 ao 8 de xuño de 1809, na que cae derrotado o xeneral Ney.

Co as tropas napoleónicas xa en franca retirada de Galiza, Morillo sae para Castela. En 1813 participa na batalla de Vitoria.

[editar] En América

Volto a España Fernando VII, Morillo, xa xeneral, é destinado a Hispanoamérica en 1814. O seu comportamento alí é cualificado de duro e brutal. Morillo toma Cartaxena de Indias e Santa Fe, obtendo vitorias sobre Simón Bolívar e Nariño, sendo quen de recuperar o dominio español sobre o antigo vicerreinato de Nova Granada. POrén foi derrotado por Bolívar en Batalla de Boyacá|Boyacá. Ante o cariz adverso que tomaban os acontecementos, Morillo recibe instruccións desde España para que entre en negociacións cos insurrectos. As conversas rematan co Armisticio de Trujillo (1820). Nese mesmo ano regresa a España, onde o rei Fernando VII, o recompensará outorgándolle os títulos de conde de Cartagena de Indias e marqués de la Puerta.

[editar] Últimos anos

O pronunciamento de Riego, que instaura o liberalismo (Trienio Liberal), parez decantar a Morillo do lado liberal, máis con a entrada do duque de Angulema e os "Cen mil fillos de San Luís" mostra un Morillo colaborador cos absolutistas, perseguindo os liberais: vitorias de Compostela e Ponte Sampaio, toma de A Coruña e Vigo. Porén ao retomar Fernando VII o poder absoluto, Morillo termina por exiliarse na Franza. En 1832, con todo, Morillo é nomeado capitán xeneral da Galiza, posto desde o cal emprenderá a represión contra o carlismo. Sen embargo en 1836, pasa de novo a Franza, por motivos de saúde, e onde morrerá na localidade de Barèges, na Occitania, en 1837.

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -