Osmo, Osmo, Cenlle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Núcleo poboacional principal da parroquia de San Miguel de Osmo. A súa carballeira e Capela da Virxe do Socorro acollen a Romaría da Virxe do Socorro que se celebra tódolos anos no segundo domingo do mes de setembro, sendo de moita sona en toda a bisbarra.
A igrexa parroquial de San Miguel conserva pouco da súa orixinal fábrica románica (algún canzorro...).
Na súa orixe parece ser que foi de fundación privada, feita polo Conde de Ribadavia.
A súa imaxe actual débese á importante reforma feita no século XVIII.
Conserva unha sinxela pero fermosa fachada renacentista, do século XVI ou primeiros anos do XVII, estilo pouco común na zona e en igrexas parroquiais.
No seu interior é de resaltar a importancia dunha predela no altar de San Francisco.
Moi próximo atopamos un Cruceiro con Crucificado e Piedade.
[editar] Persoeiros de Osmo
- Xosé Lois González Vázquez, creador do Carrabouxo
[editar] Galería de Imaxes
Lugares da parroquia de Osmo no concello de Cenlle | |
---|---|
Aquelcabo | O Balcón | A Carreira | O Casar | O Couso | Osmo | Piñeiro | Rego de Abaixo | Rego de Cima | Riobó | A Sobreira |