Osmio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O osmio é un elemento químico de número atómico 76 que se atopa no grupo 8 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Os.
Trátase dun metal de transición branco grisáceo, fráxil e duro. Clasifícase dentro do grupo do platino, e emprégase nalgunhas aleacións con platino e iridio. Atópase aleado en minas de platino e o seu tetraóxido, OsO4.
Emprégase tamén en síntese orgánica (como oxidante) e no proceso de tinción de tecidos (para a súa fixación), para a súa observación mediante microscopía electrónica, e noutras técnicas biomédicas. As aleacións de osmio empréganse en contactos eléctricos, puntas de bolígrafos e outras aplicacións nas que é necesaria unha gran dureza e durabilidade.