Oscar Cullmann
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(25 de Febreiro 1902, Estrasburgo- 16 de xaneiro 1999, Chamonix). Pensador luterano. Estudou filoloxía antiga e teoloxía. Foi profesor en [[Estrasburgo], Basilea e a Sorbona. Experto en interpretación bíblica e historia das Igrexas. Fixo importantes achegas ao ecumenismo sendo un dos artífices do diálogo entre o Luteranismo e a Igrexa Católica.
Foi un activista da axuda aos refuxiados franceses en Suíza durante a Segunda Guerra Mundial, membro do comité executivo do Instituto Ecuménico de Xerusalén e observador no Concilio Vaticano II onde foi a referencia da teoloxía protestante.
Partidario do método exexético pretende superar o enfoque filosófico na interpretación da Biblia. Influíu en teólogos insignes como Joachim Jeremías ou Joseph Ratzinger.
[editar] Pensamento
O tempo cristiá ten unha dirección, fronte ao tempo cíclico helénico e que é unha carcel, describe unha liña recta que se dirixe á salvación en Xesús de Nazareth
A intervención de Deus na historia caracterízase por un proceso de concentración (elección dun pobo, individuo ou comunidade humildes) e universalización ( elección que é un servizo e entrega en beneficio de todos). Sería o caso de Israel pobo humilde entre grandes Imperios, e de Cristo.
A unión das Igrexas non debe supoñer uniformidade, senón diversidade. Non deben perder a súa substancia nin a súa identidade. Concede a posibilidade dun papel de primacía ao papado, sen poderes xurisdicciónais.
Fai fincapé en que a antropoloxía cristiá primixenia afirma a bondade do corpo que non se concibe como un mal a superar como no dualismo grego de raíz platónica. No Evanxeo o home é unitario non un composto de dúas substancias corpo e alma.
[editar] Obras
- Deus e o César
- Cristo e o tempo
- Xesús e os revolucionarios do seu tempo
- A Cristoloxía do Novo Testamento.