Ornitorrinco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ornitorrinco | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Ornithorhynchus anatinus | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O ornitorrinco (Ornithorhynchus anatinus) é un mamífero semi-acuático endémico da parte leste de Australia e a illa de Tasmania. É un dos catro representantes da arcaica orde monotremata, os únicos mamíferos que poñen ovos no canto de dar á luz crías vivas, e a única especie coñecida da familia Ornithorhynchidae.
A estraña aparencia deste mamífero desconcertou os científicos cando se descubriu (mesmo se considerou unha falsificación dun taxidermista). O ornitorrinco é un símbolo de Australia, foi a mascota de varios eventos nacionais, e aparece no reverso da moeda australiana de 20 centavos.
Ata o principio do século XX cazábase pola súa pel, pero actualmente está protexido. Aínda que os programas de cría en catividade tiveron un éxito limitado e aínda que o ornitorrinco é moi vulnerable á contaminación, non corre un risco inmediato.
[editar] Características
Presenta unha lonxitude duns 40-60 cm, o rabo pode chegar ata os 15 cm e ten un peso entre 0,8 e 2,5 kg.
O seu tempo de vida é duns 30 anos. As súas características singulares son o pico similar ao do parrulo, o seu andar como o dun réptil e o rabo plano, algo escamoso, parecido ó dun castor, polo que se converte nunha criatura moi recoñecible. A pelaxe cor ameixa ten unha textura semellante ao veludo, polo que recorda á dunha toupa. O pico furgador é moi sensible tanto ao tacto como aos sinais eléctricos transmitidos pola auga proveniente dos músculos da súas presas. Ten unha alta densidade de glóbulos vermellos no sangue, o que lle permite mergullarse profundamente para perseguir a súa presa. Aínda que son solitarios, en certas áreas comparten o medio con outros da súa mesma especie. Con todo, na época de apareamento, os machos defenden os seus territorios e teñen un espolón venenoso en cada pata traseira, co cal tratan de ferir aos seus rivais. Este veneno é case tan mortal como o das serpes máis venenosas. Isto transforma o ornitorrinco nun dos poucos animais venenosos do mundo con pelume. O ornitorrinco vive nunha tobeira ás beiras da auga, xeralmente duns 5 metros de longo, pero pode chegar ata uns 30 metros.
Logo dun período de xestación de un mes, a femia incuba durante 10 días a súa niñada de un ou dous ovos de casca branda, similar ao coiro. Unha vez que as crías rompen a casca, aléitaas durante uns 3 ou 4 meses no tobo, deixándoos encerradas ata 38 horas mentres sae en busca de alimento. O ornitorrinco alimenta a súa cría con leite como un mamífero normal. Con todo, a diferenza doutros mamíferos, non ten mamas para alimentar as súas crías, senón que o leite sae duns poros do seu abdome.
[editar] Ligazóns externas