See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Oahu (illa) - Wikipedia

Oahu (illa)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vista de Oahu desde satélite
Vista de Oahu desde satélite

Oahu (en hawaiano O'ahu) é a illa máis poboada de Hawaii. A cidade máis grande é Honolulú, a capital do estado. Toda a illa está baixo a administración da Cidade e Condado de Honolulú, aínda que a cidade en si só ocupa unha parte ao sueste da illa. Outros lugares de Oahu con renome internacional son: Waikiki, Pearl Harbor e Diamond Head.

[editar] Xeografía

Oahu está formada por dous volcáns, Wai´anae e Ko´olau, cun amplo val entre eles. A altitude máxima dáse no Mount Ka´á de Wai´anae con 1.225 m sobre o nivel do mar. cunha superficie total de 1.545,3 km²; é a terceira illa máis grande do Arquipélago de Hawai.

No censo de 2000 a poboación total era de 876.156 habitantes, un 75% aproximadamente do total do estado. A Cidade e Condado de Honolulú administra, ademais do municipio, toda a illa de Oahu e as Illas de Sotavento, excepto o atol Midway.

[editar] Historia

Oahu foi a primeira das illas Hawaii que atopou o inglés James Cook o 18 de xaneiro de 1778, durante a súa terceira viaxe ao Pacífico. Dirixíase desde as illas da Sociedade cara ao norte por unha ruta supostamente similar á que seguiran as antigas migracións polinesias. Logo de explorar todo o Pacífico Sur quedou sorprendido de atopar unhas illas altas no medio do Pacífico Norte, coa mesma cultura que se estendía ata Nova Zelandia e a illa de Pascua.

O rei Kamehameha III trasladou o seu capital de Maui a Oahu en 1845. Palacio 'Iolani é unha mostra da presenza da monarquía.

Hoxe en día, Oahu é un destino turístico internacional con máis de cinco millóns de visitantes cada ano, principalmente dos Estados Unidos continentais e de Xapón. Multitude de películas e series de televisión filmáronse na illa, por exemplo Magnum P.I., Hawaii Five-O ou Lost.

Surf en Oahu
Surf en Oahu
Diamond Head
Diamond Head

[editar] Lugares de interese

  • Honolulu, é a capital do estado. Alberga o Bishop Museum, o máis importante de cultura polinesia; o Honolulu Academy of Arts, un museo de arte cunha importante colección de arte asiática; Lyon Arboretum, un xardín botánico tropical.
  • Waikiki é o gran centro turístico de Hawaii, situado na costa sur de Oahu, que concentra o 90% dos hoteis. A praia de Waikiki, unha das máis famosas do mundo, ofrece sol, praia e surf. No século XIX xa era un lugar de descanso da familia real hawaiiana. O nome hawaiano Waik significa 'auga drenada' xa que antes estaba rodeada de humidais.
  • Pearl Harbor é unha bahía situada ao oeste de Honolulú. A maior parte do porto e os arredores da bahía son unha base naval norteamericana, o cuartel xeral da flota do Pacífico. Foi o ataque a Pearl Harbor, o 7 de decembro de 1941, o que provocou a entrada dos Estados Unidos na II Guerra Mundial. Os restos do USS Arizona e o USS Missouri son monumentos conmemorativos da guerra.
  • Diamond Head (en hawaiano Lē'ahi) é un cono volcánico, situado ao leste de Waikiki, que mostra unha vista panorámica que se converteu nun símbolo turístico. O nome déronllo navegantes ingleses do século XIX que confundiron os cristais de calcita incrustados na roca con diamantes. Está declarado como State Monument.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -