See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
O segundo sexo - Wikipedia

O segundo sexo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Alto!!! Este artigo está sendo editado.
Este artigo está actualmente sendo editado.
Por favor, non faga ningunha edición neste artigo mentres esta mensaxe siga aparecendo para evitar así conflitos de edición.
Se precisa saber quen está traballando no artigo, por favor revise o historial de edicións
(O tempo máximo de presenza deste marcador no artigo é dun mes; pasado ese tempo debe retirarse).


O segundo sexo


Título orixinal Le deuxième sexe
Tradutor Marga Rodríguez Marcuño
Autor Simone de Beauvoir
País Francia
Lingua francés
Xénero(s) Ensaio
Editorial Edicións Xerais
Data de publicación 1949


Índice

[editar] Contextualización

O segundo sexo (Le deuxième sexe no seu orixinal francés) é un libro escrito en 1949 por Simone de Beauvoir.

O 24 de maio de 1949 aparece en París o primeiro tomo da obra da filósofa francesa Simone de Beauvoir O segundo sexo,que acadou en poucos días as 20.000 ventas. En tan só 3 anos xa se traducira ó alemán e ó inglés e pouco despois foi publicado en Arxentina. Grazas a esta publicación en Bos Aires moitas españolas puideron coñecer esta obra na clandestinidade, xa que nese tempo España atopábase baixo a dictadura de Franco. O segundo sexo seguíu expandindo a súa orixinalidade e traduciuse tamén ó árabe, danés, hebreo, húngaro, italiano, holandés, noruego, polaco, portugués, serbo- croata, eslovaco, sueco, tamil e ó checo.

O segundo sexo coa súa famosa frase "Non se nace muller, chegase a selo" foi o texto filosósofico que máis influencia tivo no auxe do feminismo occidental da última metade do século XX, no seu intento por develar o proceso de configuración de marcos culturales e sociales de orde patriarcal.

Esta obra provocou naquela época unha serie de improperios e groserías, así como climas polémicos controvertidos por parte dos editorialistas da prensa gráfica e do mundo lector. A autora foi atacada tanto pola dereita máis conservadora como pola esquerda ortodoxa. É probable que O segundo sexo ó ser escrito a contratempo da historia, máis, anticipándose a un movemento feminista non configurado como tal, xerou unha forte incomprensión e considerouse como un catálogo extenso das súas ocorrencias personales.

Coa aparición desta obra, a Simone sorprendíanlle as actidudes sexistas dos integrantes do seu circulo máis cercano, aínda que sí houbo un pequeno grupo de homes que a apoiaron. Pero pese a tanta conmoción causada pola publicación desta obra, a autora non perdeu o forte recoñecemento adquirido pola súa producción intelectual e compromiso político xa que o seu pensamento suscitaba unha fascinación indescifrable por parte dun grande número de colectivos intelectuais da época.

Escibir O segundo sexo permetiulle entender a súa adscripción ventaxosa a partir da súa pertenza de clase, situación que a levaría a develar como as diferenzas sexuais e os mecanismos de exclusión quedan desdibuxados hasta perdelo seu sentido.

[editar] A condición subordinada da muller

A autora considerou que era necesario crear un clima de opinión pública para que a situación subordinada da muller cambiara. Na súa opinión, o problema da muller reducíase a un: non estaba considerada un ser humano igual ó varón, senon que estaba relegada a un segundo plano, tida coma un obxecto, apreciada casi exclusivamente polo servizo sexual prestado ó varón. Resignada a limitarse a solo dúas das súas funcións, esposa e nai, e dependendo social e economicamente do seu marido sen outra captación para valerse por si mesma, e cando os seus fillos xa non a necesitan directamente vese condenada a pasividade, a ociosade de non ter nada que facer e as falsas evasións. Os defectos achacados á muller reflicten a súa situación de pasividade forzada, a súa dependencia, a falta de horizonte e o seu aislamento en moitas ocasións fundamentais na súa vida.

O segundo sexo non só nutre a todo o feminismo que se fixo na segunda metade do siglo XX, senon que é o ensallo feminista máis importante do século. Todo o que se escribíu despois neste campo da teoría feminista tivo que ter en conta esta obra, tanto para continuar con ela como para desenvolvela noutros ámbitos, xa ben opoñéndose a eles ou apoialos.

O segundo sexo, é o ensaio dunha filósofa existencialista, encuadrándose no ámbito máis amplo dun pensamento ilustrado que toma da Ilustración os seus aspectos máis positivos, tendo como principal teoría a concepción igualitaria dos seres humanos, segun a cal a diferenza de sexos non altera o seu radical de condición de igualdade. ë un ensaio filosófico que analiza o feito da condición feminista nas sociedades occidentais desde múltiples puntos de vista, tanto científico como histórico ou psicolóxico, pero sen apartarse do sociolóxico e cultural.

Trátase dun estudo totalizador onde se investiga o porqué da situación na que se atopa esa mitade da humanidade que son as mulleres.

Existe tradución galega, publicada por Edicións Xerais en 2008, traducida por Marga Rodríguez Marcuño.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • O segundo sexo de Simone de Beauvoir

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -