Nikolaus von Amsdorf
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nikolaus von Amsdorf, (Torgau 1483 - Eisenach 1565) foi un reformador protestante alemán.
Educado en Leipzig e en Wittenberg, en 1502 foi dos primeiros en se matricular na recén aberta universidade da cidade, e en 1511 convértese en profesor de teoloxía.
Como Andreas Karlstadt ao comezo foi un defensor da teoloxía escolástica, pero baixo a influencia de Lutero deixa as súas posicións aristotélicas para se achegar aunha teoloxía fundamentada na graza de Santo Agostiño, e converteuse nun dos máis fieis seguidores de Lutero, acompañándoo á conferencia de Leipzig (1519) e á dieta de Worms (1521)