Leipzig
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Escudo | Mapa |
---|---|
Datos principais | |
Estado federado: | Saxonia |
Kreisfreie Stadt: | Leipzig, cidade |
Extensión: | 297,60 km² |
Habitantes: | 508.605 (30 de septembro do 2007) [1] |
Densidade de poboación: | 1.709 habitantes por km² |
Porcentaxe de inmigrantes: | 6,3 % |
Taxa de desemprego: | 15,4 % (Decembro do 2007) [2] |
UN/LOCODE: | DE LEJ |
Páxina weboficial: | www.leipzig.de |
Política | |
Alcalde: | Burkhard Jung (SPD) |
- Leipzig é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².
Os seus 508.605 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia (datos do 30 de setembro do 2007). A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.
O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.
En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola Orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo Coro da igrexa de Santo Tomás.
Na historia recente, son significativas as Manifestacións dos Luns de 1989, que impulsaron mediante unha revolución pacífica a reunificación alemá.
[editar] Referencias