Nerva
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Nerva (homónimos).
Marcus Cocceius Nerva (8 de novembro de 35 - 27 de xaneiro de 98) foi un emperador romano.
Tralo asasinato de Domiciano, a elección como Emperador de Roma recaeu no ancián e prestixioso senador Nerva, como unha solución transitoria. O período que media entre Nerva e Marco Aurelio pode ser considerado como o da plenitude imperial: aínda que se acadou a máxima expansión territorial, viviuse unha etapa pacífica, razoabelmente próspera e de bo goberno.
Pese ao circunstancial da súa designación, Nerva amosou unhas notábeis dotes coma gobernante. Rematou coas arbitrariedades do seu antecesor, suprimindo a odiosa figura dos informadores ou delatores, que foran os instrumentos da tiranía de Domiciano para controlar e aterrar Roma. Saneou as finanzas, suprimiu o imposto persoal que gravaba aos xudeus e organizou a beneficencia publica.
Nerva outorgou ao Senado a relevancia que lle correspondía como institución dominante nos negocios públicos e para evitar que os pretorianos intervisen no nomeamento do emperador. Conqueriu para si o recoñecemento de adoptar en vida ao seu sucesor, para que a transferencia de poder non implicase choque algún. A adopción non se facía sobre a base dos vínculos de sangue, senón atendendo aos méritos. De calquera xeito, a sucesión entendíase como un compromiso entre o emperador e o Senado, pois este debía ser escoitado sobre a idoneidade do candidato. Nerva tivo o talento de instaurar unha fórmula mixta entre monarquía e réxime senatorial, entre a concentración de poder que pedían os tempos e o papel das institucións tradicionais, que foi outro dos elementos que arranxaron a estabilidade do período que se estaba a comezar. No seu decorrer, os emperadores inspiráronse nos principios xurídicos, e non na intriga nin na conquista violenta do poder. Ademais, consideraron que a extensión do benestar era unha tarefa primordial do gobernante.
[editar] Véxase tamén
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Domiciano |
Nerva | Precede a: Traxano |
Dinastía dos Antoninos |