Neotérico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cicerón denominou neotéricos a un grupo vago de poetas latinos que atopaban a súa inspiración na obra dos autores gregos alexandrinos, como Calímaco ou Teócrito. Usaban construcións ríxidas, xogaban cos xéneros e utilizaban xogos de palabras e alusións complexas.
Os autores que receben esta denominación son:
- Catulo, o máis coñecido,
- Ovidio,
- Propercio
- Tibulo e Galo (dos que resta moi pouca obra)
- Virxilio nas súas Églogas
O termo empregouse no século XVII para describir a autores que recorrían aos clásicos na procura de ideas. Hoxe en día non se usa con este sentido.