See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Tibulo - Wikipedia

Tibulo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Tibulo en casa de Delia, por Lawrence Alma-Tadema
Tibulo en casa de Delia, por Lawrence Alma-Tadema

Tibulo (Albius Tibullus en latin) foi un poeta romano elexíaco nacido cara o 54 a.C. e morto no 19 a.C.. Con Virxilio e Horacio, é un dos fundadores da poesía bucólica.


Índice

[editar] Biografía

Son escasas as noticias da súa vida. Naceu probabelmente no Lacio, talvez en Gabii, entre o 55 a.C. e o 50 a.C. nunha familia de orde ecuestre

No 44 a.C. a súa familia puido sufrir confiscacións de terras, logo da batalla de Filipos. Formou parte do círculo de Marco Valerio Messala Corvino, a quen seguíu nun expedición militar a Aquitania, e máis tarde no 22 a.C. a Siria. Estivo retirado na illa de Corfú a causa dunha enfermidade (Elexía, I, 3). No 27 a.C. asiste en Roma ao triunfo de Messala, celebrado o 27 de setembro. Acabados viaxes e expedicións bélicas, Tibulo dividíu a súa vida entre a cidade e o campo. Manteu estreita amizade con Horacio, que lle dedicou dúas das súas composicións: unha oda (Odas I, 33) e a unha epístola (Epístolas I, 4). Tibulo faleceu pouco despois de Virxilio, no ano 19 a.C., posibelmente en Roma.

[editar] Obra

O Corpus Tibullianum chegou ata nos con catro libros de elexías, das que só os dous primeiros se consideran hoxe auténticos. O primeiro libro foi publicado no 26 ou 25 a.C., mentres o segundo semella ser póstumo. O poeta canta os amores por dúas mulleres, Delia e Némese, así como por un xoven rapaz, Marathus.

[editar] Língua e estilo

O estilo de Tibulo, tersus atque elegans (claro e elegante), come o definira Quintiliano (X, 1, 93), é un dos modelos do clasicismo latino. Tibulo opera cun léxico limitado e con un número restrinxido de temas, no que variando atinxe crear efectos sempre diversos, oscilando do doce ao melancólico, e aínda ao furioso. Non abusa, por contra, da erudición mitolóxica que caratteriza o estilo dos seus contemporáneos, como Propercio. A lingua de Tibulo está libre de arcaísmos, helenismos e neoloxismos, e tamén de anomalías morfolóxicas.


[editar] Tradición e crítica textual

Pese a ser moi aprezado na Antigüidade, a obra de Tibulo tivo escasa circulación na Idade Media, e case sempre en antoloxías. Só a fins do século XIV comezou a ter unha circulación maior e na súa integridade.

[editar] Manuscritos

Non sobreviviron ata nós manuscritos antigos ou medievais. Dun arquetipo 0, perdido, derivan todos os manuscritos medievais, cerca dun centenar. Destes, os mellores, base das edicións impresas, son tres:

  • Ambrosiano (A), copiado en torno a 1375, e cuxo primeiro proprietario coñecido foi o humanista Coluccio Salutati.
  • Vaticanus latinus 3270 (V), de inicios do século XV.
  • Genuensis Berianus D bis 11-6-51 (Ber), de inicios do século XV.

Algunhas lecturas xenuínas poden tirarse de certas escolmas de poetas latinos como o Florilegium Gallicum (composto arredor de mediados do século XIII) ou os Excerpta Frisingensia (conservados nun único manuscrito, hoxe en Munich), recollidos polo corrente na Franza en época tardomedieval, e que parecen derivar dunha tradición independente do manuscrito O.

[editar] Edicións impresas

A 'editio princeps remonta a 1472, impresa en Venecia por Vindelino de Espira. A primeira edición realizada con criterios científicos modernos é a de Lachmann de 1829.

[editar] En galego

  • TIBULO, Albio, Elexías (edición bilíngüe latino-galega; trad. Xosé Antonio García Cotarelo; revis. M.C. Díaz y Díaz). Santiago de Compostela. Servicio Central de Publicacións. Consellería de Presidencia. 1989 - ISBN 84 45300 99 7


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -