Nakajima Ki-27
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nakajima Ki-27 | |
---|---|
Dous Ki-27 en vóo | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Nakajima |
Primeiro vóo | Outubro de 1936 |
Construídos | 3.399 |
O Nakajima Ki-27 foi un caza monopraza xaponés usado durante a Segunda Guerra Mundial. Era o equivalente baseado en terra do A5M e dispoñía dun tren de aterraxe fixo. Voou por primeira vez outubro de 1936, entrou en servizo en 1937 e construíronse 3.399 exemplares. Estivo en primeira liña ata finais de 1942, cando foi substituído polo Ki-43. Foi alcumado "Nate" polos aliados.