Museo Británico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Museo Británico (British Museum) de Londres, Inglaterra é un museo sobre a cultura e historia humana. A súas coleccións, constituídas por máis de 13 millóns de obxectos, atópanse entre as maiores e máis detalladas do mundo, formadas por obxectos de tódolos continentes, os cales ilustran e documentan a historia da cultura dende a os seus comezos ata a actualidade.
O Museo Británico foi innaugurado en 1753. Nun primeiro momento, o museo estaba formado principalmente polas coleccións do físico e científico británico Sir Hans Sloane. O museo abriu por primeira vez ao público o 15 de xaneiro de 1759 na Casa Montagu (Montagu House), Bloomsbury, no mesmo emprazamento no que se atopa hoxe en día o museo. A expansión do museo durante ao longo do tempo deu lugar á creación de diferentes institucións relacionadas co Museo Británico como son o Museo Británico de Historia Natural (British Museum of Natural History) creado en South Kensington en 1887. Ata 1997, cando a actual edificio da Biblioteca Británica (British Library) abriu ao público, O Museo Británico era o único museo do mundo que posuía unha biblioteca e un museo nacional de antigüídades nun só edifio. Dende o 2001 o director do museo é Neil MacGregor.[1]
Coma outros museos nacionais e galerías de arte do Reino Unido, a entrado do museo é de balde, aínda que si hai que pagar por algunhas exposicións temporais.[2]