MS-DOS
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
MS-DOS (Microsoft Disk Operating System, Sistema operativo de disco Microsoft), foi o primeiro sistema operativo para o PC IBM. Foi lanzado co IBM PC en 1981 e tivo oito versións principais antes de que Microsoft detivese o seu desenvolvemento en 2000. Foi o produto clave na conversión de Microsoft dende unha compañía de linguaxe de programación ata unha firma de desenvolvemento de software.
Índice |
[editar] Historia
Creado por Tim Paterson, da compañía Seattle Computer Products como QDOS en 1980 e comercializado como 86-DOS para correr nun microprocesador Intel 8086, Microsoft mercou o sistema pouco antes do lanzamento do IBM PC o 12 de agosto de 1981, ao ser incapaz de crear un sistema operativo no prazo que IBM lle encargara. O IBM PC saíu coa súa propia versión de MS-DOS coñecida como PC-DOS, mentres Microsof mantivo o nome de MS-DOS para os seus propios desenvolvementos.
[editar] Versións
- PC DOS 1.0 - Agosto 1981 - Versión inicial, IBM PC
- PC DOS 1.1 - Maio 1982, daba soporte a disquetes de dúas caras.
- MS-DOS 1.25 - Maio 1982 - Primeira versión que se empregou en hardware non IBM
- MS-DOS 2.0 - Marzo 1983 - Introducido para xestionar o IBM XT, incorporaba soporte para disco ríxido, e incluía elementos collidos de Unix como os subdirectorios.
- PC DOS 2.1 - Outubro 1983
- MS-DOS 2.11 - Marzo 1984
- MS-DOS 3.0 - Agosto 1984 - deseñado para soportar o IBM AT coa posibilidade de discos ríxidos máis grandes e disquetes de 1.2MB
- MS-DOS 3.1 - Novembro 1984
- MS-DOS 3.2 - Xaneiro 1986 - admitía unidades de disquetes de 3'5 polgadas.
- PC DOS 3.3 - Abril 1987
- MS-DOS 3.3 - Agosto 1987 - con capacidade para crear múltiples particións no disco ríxido.
- MS-DOS 4.0 - Xullo 1988 - xestionaba discos ríxidos con particións de máis de 32 MB e ata 512 MB. Nova interface gráfica e permitía o emprego da memoria expandida
- MS-DOS 4.01 - Novembro 1988 -
- MS-DOS 5.0 - Xuño 1991 - En resposta ao DR-DOS proporciona controladores para xestionar novas ampliacións de memoria, incorpora editor, liguaxe de programación QBasic
- MS-DOS 6.0 - Marzo 1993 - En resposta ao DR-DOS 6.0, incluía unha ferramenta de compresión de disco e MemMaker, administrador de memoria ampliada. Versión con moitos fallos polo que foi substituída por:
- MS-DOS 6.2 - Novembro 1993
- MS-DOS 6.21 - Febreiro 1994
- PC DOS 6.3 - abril 1994
- MS-DOS 6.22 - xuño 1994
- PC DOS 7.0 - abril 1995
- MS-DOS 7.0 - Agosto 1995 - Incluída en Windows 95.
- MS-DOS 7.1 - Agosto 1996
- MS-DOS 8.0 - Setembro 2000 - Incluída en Windows ME.
- PC DOS 2000 - Derradeira versión da familia de MS-DOS