See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mr. Bungle - Wikipedia

Mr. Bungle

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mr. Bungle

{{{caption}}}
Información
Orixe Eureka
País California
Período 1985-2003
Xénero(s) varios
Selo(s) discográfico(s) Warner Bros. Records
Slash Records
Membros Mike Patton, Trey Spruance, Trevor Dunn, Danny Heifetz, Clinton Mckinnon
Antigos membros
Web oficial páxina sobre o grupo


Mr. Bungle foi un grupo musical norteamericano formado en 1985 en Eureka, California, con Mike Patton como vocalista. Nos seus comezos integrou estilos musicais como o rock, heavy metal, funk ou jazz, resultando algo similar ó funk metal. Nos seus traballos posteriores integraron estilos como o ska, swing ou pop entre otros estilos. A banda disolveuse en 2003.

[editar] Historia

Os seus integrantes fundadores foron Trevor Dunn no baixo, Mike Patton á voz, Trey Spruance na guitarra e Jed Watts na batería. A banda tomou o nome dun paiaso traveso que mostraba ós nenos as cousas que non se debían facer no programa "The Pee Wee Herman Show".

A súa primeira maqueta foi The Raging Wrath of the Easter Bunny (1986), gravada con moi baixa calidade e cun pronunciado estilo death metal, que incorporaba novedosamente bongós, saxofóns e outros instrumentos exóticos.

No 1987 o grupo difundiu copias en formato cassette da súa seguinte maqueta, Bowel of Chiley, entre as emisoras de radio locais. Copias desta produción foron reproducidas e vendidas sen o permiso da banda co nome erróneo de Bowl of Chile, no 1991 en cassette e en 1997 xa en formato CD, convertíndose nunha das rarezas máis preciadas. O estilo desta produción é moi diferente da maqueta inicial, mesturando sonidos do ska, o swing ou o funk. Por entón o batería Jed Watts foi remplazado por Hans Wagner, entrando ademais os músicos Scott Fritz e Theo Lengyel como trompetistas.

En 1988 Fritz abandonou ó grupo, integrándose Luke Miller. Lanzaron Goddammit I Love America!, cun son moi similar ó seu anterior traballo (e descrito por eles mesmos como un plaxio a Fishbone) pero cun son máis sólido. Dous dos temas deste álbum foron posteriormente publicados coa súa primeira gran produción discográfica.

En 1989 editaron a súa última maqueta, OU818, con Danny Heifetz na batería e Clinton "Bär" McKinnon no saxofón. Contiña cancións de maquetas anteriores, e case a mitade dos temas chegaron a estar presentes no seu primeiro gran lanzamento.

Por estas datas xa estaban consolidados como unha ds bandas con máis seguidores do norte de California, e o seu vocalista Mike Patton fora contratado polo grupo Faith No More. Non tardou en chegar un contrato co selo Warner Bros Records. O seu primeiro álbum, producido por John Zorn e titulado Mr.Bungle, foi lanzado o 13 de agosto de 1991. A crítica describiu o seu son como "funk metal", e tivo boas ventas, que os levaron a realizar unha exitosa xira de promoción polos Estados Unidos.

Moitos proxectos paralelos e retrasos no deseño contribuíron ó parón de catro anos entre o lanzamento do primeiro disco e o seguinte, Disco Volante, que vería a luz en outubro de 1995. Contiña só temas novos, e collía elementos de estilos como o jazz, techno, tango, ou death metal. Deron concertos por norteamérica, Europa e mesmo Australia, coa colaboración do percusionista William Winant.

O seu último disco, California, saíu ó mercado o 13 de xullo de 1999. Theo Lengyel non aparece nel, nin tampouco o fixo nos seguintes proxectos de Mr. Bungle, segundo os representantes por diferencias creativas. Se ben a xira prevista de presentación do disco tivo complicacións por conflictos coa distribuidora, ó ano seguinte deron concertos polos Estados Unidos, Europa e Australia de novo, ó mesmo tempo que seguiron coa composición de novos temas.

[editar] Discografía

  • 1986 - The Raging Wrath Of The Easter Bunny (maqueta)
  • 1987 - Bowel Of Chiley (maqueta)
  • 1988 - Goddammit I Love America! (maqueta)
  • 1989 - OU818 (maqueta)
  • 1991 - Mr. Bungle
  • 1995 - Disco Volante
  • 1999 - California

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -