Mosteiro de San Paio de Abeleda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mosteiro de San Paio de Abeleda son os vestixios dun mosteiro medieval construído no século XII.
Na actualidade atópase en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos máis influentes da provincia, e coa reforma monástica pasou a converterse en abadía ata que a finais do século XIX, trala desamortización, os Duques de Alba apoderáronse dos bens do mosteiro.
Índice |
[editar] Situación
Sitúase na parroquia de San Paio de Abeleda, no concello de Castro Caldelas.
[editar] A Igrexa
A igrexa, construida en estilo románico do século XII (con reformas posteriores) é de planta de cruz latina. Componse dunha soa nave con tres corpos, separados cada un deles cun arco de medio punto con arquivoltas adornadas de impostas axedrezadas e capiteis con flores e quimeras. O retablo maior é do século XVII. A igrexa foi obxecto dunha profunda reforma no século XIV, conservandose da fábrica románica unha porta dos séculos XIII-XIV.
A fachada do claustro conventual é de estilo gótico e presenta un arco oxival con decoración de cuatrifolios.
Fai pouco tempo, no ano 2005, foi vitima do expolio de varios retablos barrocos e neoclásicos, e algunha columna do antigo claustro conventual.[1]
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Duro Peña, Emilio. El monasterio-parroquia de San Payo de Abeleda (1989). Anuario de Estudios Medievales.