Monte Quenia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Monte Quenia (Kirinyaga en kikuyu) é a principal montaña de Quenia e a segunda de África, despois do Kilimanjaro.
Os cumios máis altos do monte son Batian (5199 m), Nelion (5188 m) e Lenana (4985 m)
A montaña é un volcán extinto, a última erupción data de entre hai 2'6 e 3'1 millóns de anos. As súas abas inclúen diferentes biomas, as partes máis baixas son bosques de clima cálido, cambiando a bosques de montaña de juniperus e podocarpaceae arredor dos 2000 metros, cun cinto de bambú aos 2500 m que cambia a un bosque de alta montaña de pequenas árbores cubertos de carriza. Hai 12 pequenos glaciares esparexidos entre o complexo de 7 cumios.
A área arredor da montaña está protexida no Parque Nacional Monte Quenia. O pobo kikuyu cre que a súa deidade suprema, Ngai, vive no Monte Quenia.
O misioneiro Johann Ludwig Krapf foi o primeiro europeo en ver o Monte Quenia en 1849. A primeira ascensión da que temos noticias realizouna Halford Mackinder (con Ollier e Brocherel) o 13 de setembro de 1899