Monogamia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Monogamia (do grego: μόνος (mónos): un e γάμος (gamos): matrimonio).
No mundo animal, a monogamia refírese á relación da parella que mantén un vínculo sexual exclusivo durante o período de reprodución e crianza.
Nos humanos, a monogamia é un tipo de relación amorosa e sexual exclusiva entre dúas persoas, as que manteñen un vínculo matrimonial ou de unión libre por un período de tempo, ou de vida. Ó adepto a este tipo de relación denomínaselle monógamo pola súa predileción, estea ou non involucrado nunha relación.
A diferenza da monogamia, existe outro tipo de relacións que vinculan a máis de dúas persoas á vez, coma a poligamia (sexa poliándrica ou polixínica), poliamoría, entre outras.