See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Molokai - Moloka'i - Wikipedia

Molokai - Moloka'i

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Imaxe de Molokai desde satélite.
Imaxe de Molokai desde satélite.

Molokai (oficialmente en hawaiano Moloka´i) é unha das illas Hawai. Está situada a 40 km ao leste de Oahu, separada pola canle Ka-iwi, e ao norte de Lanai, separada pola canle Kalohi. Administrativamente Molokai depende do condado de Maui, excepto a península de Kalaupapa que forma o condado de Kalawao. É a quinta illa en tamaño.

De noite pódense ver as luces de Honolulú desde o extremo occidental de Molokai, mentres que as próximas Lanai e Maui pódense ver con claridade desde calquera punto da costa sur da illa.

A illa está formada por dous volcáns, coñecidos como East Molokai e West Molokai, moito menor. A superficie total é de 673,44 km2. A altitude máxima é Kamakou no East Molokai con 1.515 metros sobre o nivel do mar. O volcán East Molokai volcano, do mesmo xeito que Koolau en Oahu son todo o que queda hoxe en pé da metade sur da montaña orixinal. A metade norte afundiuse e hoxe atópase sepultada cara ao norte baixo o Océano Pacífico e o único que se conserva na illa son os cantiis mariños máis altos do mundo. Na película Parque Xurásico III aparecen imaxes dos mesmos. A costa sur de Molokai presume de ter os arrecifes franxeantes máis amplos dos EEUU, con case 40 km.

A metade da poboación é de ascendencia hawaiana. A poboación total, no censo do 2000, era de 7.404 habitantes. A única cidade da illa é Kaunakakai, que ademais posúe un porto. O aeroporto está en West Molokai. A praia de Pāpōhaku, na costa oeste da illa, é a máis longa das illas Hawai.

[editar] Leprosería de Kalaupapa

Pai Damián
Pai Damián

A península de Kalaupapa, no norte da illa, está illada do resto por uns cantiis de 1.010 metros de altitude, uns dos máis altos do mundo. Ao pé dos cantiis está a vila de Kalaupapa. Foi o lugar escollido polo rei Kamehameha V para illar aos leprosos. Os primeiros exiliados chegaron en 1866. As vítimas eran transportadas en barco, tiradas pola borda e abandonadas. O 1873 chegou o Pai Damián, o misioneiro católico belga Jozef van Veuster Wouster hoxe mártir da caridade. Durante 16 anos dedicouse á cura dos enfermos ata que, en 1889, morreu afectado de lepra. Coa constitución do estado de Hawai, a península quedou aparte baixo a administración do Departamento estatal de Saúde, formando o condado de Kalawao. A reclusión dos leprosos continuou ata 1969, cando se comezou a tratar a enfermidade e tíñanse os medios para evitar o contaxio. Moitos dos pacientes decidiron continuar vivindo en Kalaupapa e o estado aseguroulles a residencia vitalicia.

Hoxe en día non se admiten novos pacientes nin outros residentes. As visitas están estritamente reguladas e prohibidas aos menores de 16 anos. O condado de Kalawao é o segundo menos poboado dos Estados Unidos. En 1900 había 1.177 habitantes e hoxe queda un centenar de antigos pacientes. O condado non ten un goberno local e o único oficial é un xerife nomeado polo Departamento de Saúde. Cunha superficie de 34 km2 é o condado máis pequeno dos Estados Unidos. O presidente Bill Clinton designou todo o condado como Parque Histórico Nacional.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -