Meteoroloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Meteoroloxía (do grego μετέωρο, meteron, "no alto do ceo" e λόγος, logos, "coñecemento") é unha ciencia de tipo interdisciplinar que estuda a atmosfera e o clima. Os fenómenos meteorolóxicos están condicionados polas circunstancias atmosféricas e inclúen a temperatura, a presión atmosférica e o vapor de auga, que interaccionan e mudan co paso do tempo.
[editar] Aparellos usados en meteoroloxía
- Anemómetro
- Barómetro
- Cataventos
- Higrómetro
- Termómetro
[editar] Ver tamén
- Meteorólogo