See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mebyon Kernow - Wikipedia

Mebyon Kernow

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mebyon Kernow (Fillos de Cornualles, MK) é un partido nacionalista de Cornualles. Foi fundado en 1952, e no 2000 o seu xefe era Dick Cole. O seu ideario é de carácter europeísta e celtista, partidario de buscar un remedio económico local para dar traballo á xente do país. Tamén queren levar a lingua e a cultura córnicas ás escolas. Pertence á Liga Céltica, xunto co Mec Vannin, Partido Nacionalista Escocés, Unión Democrática de Bretaña e o Plaid Cymru.

[editar] Fundación

O 6 de xaneiro de 1951 a revista New Cornwall patrocinara a aparición do Mebyon Kernow, nun acto no hotel Oates de Rysrudh, ó cal asistiron 13 persoas e 7 máis enviaron o seu apoio, entre elas os futuros bardos de Cornualles e un profesor universitario. Nomearon a Helena Charles presidenta, a Lambert Truran secretario, e a George Pawley White tesoureiro. Editan o xornal Kenethel Kernewek (Nación Córnica), influido polo ideario do Plaid Cymru, de carácter celtista e cun programa entre autonomista e federalista, asi como cun vago reformismo social, que propón “restaurar a identidade céltica de Cornualles”. Defende a lingua córnica e vai loitar por revitalizala, así como quere manter o carácter e os intereses de Cornualles como nación céltica, todo propiciando os adiantos constitucionais que lle permitan acadar a autodeterminación, á vez que promociona a reanudación non só da lingua, senón tamén da historia, a literatura e do deporte locais, como a loita córnica. Neste mitin adoptarán os sete obxectivos do partido:

  • Estudar as condicións locais e tentar poñer remedo ó que perxudica ós intereses de Cornualles a través da opinión pública.
  • Fomentar a lingua e literatura córnicas.
  • Acometer o estudo da historia córnica dende un punto de vista “córnico”.
  • Aceptar a idea de que Cornualles é unha das seis nacións célticas.
  • Publicar panfletos, octavillas, artigos e cartas á prensa defendendo este ideario.
  • Organizar actos e concertos de ambiente córnico-céltico en favor de defender o seu ideario.
  • Cooperar con outras sociedades favorabeis a preservar o carácter de Cornualles.

En setembro de 1951 rexistraríase como un partido político partidario do autogoberno córnico.

[editar] Desenvolvemento

Durante as dúas primeires décadas, non pasou de ser un pequeno grupo de entusiastas. Aínda así, Helena Charles, que deixa de ser a secretaria en 1954 en favor de Cecil Beer, obtén en 1953 un escano no concello de Camborne-Redruth. Ademais, dende 1956 os militantes Helena Charles e P. Pool organitarán campamentos córnicos para dar a coñecer á xuventude a lingua perdida, coa gramática Cornish for beginners. Malia isto, en 1960 o Mebyon Kernow tan só acadara un centenar de militantes.

Nas eleccións locais de 1970 o Mebyon Kernow tan só obtén o 2 % dos votos e unha certa representación a nivel local, grazas ó feito de que en 1971 chegaría ó milleiro de militantes baixo o liderado de Len Truran e Richard Jenkin, que se presentaran ás xerais de 1970. Pero o 25 de maio de 1975 un membro do MK, James Whetler, que se presentara ás xerais de 1974 por Truro, abandona o partido para fundar un novo grupo, o Party Kenethlegk Kernow ou Cornish National Party, máis radical, máis influenciado polo SNP e membro da Liga Céltica con outros grupos escoceses, galeses, bretóns e irlandeses.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -