Maxim Gorki
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Máximo Gorki (Максим Горький) foi o pseudónimo utilizado por Aleksei Maksimovich Peshkov (en ruso: Алексей Максимович Пешков), (Nijni Novgorod, 28 de marzo de 1868 - Moscú, 18 de xuño de 1936). Foi un escritor ruso identificado co movemento revolucionario soviético.
[editar] Orixes
Aleksei Peshkov era fillo dun tapiceiro que con moito traballo e esforzo mellorou máis tarde a súa posición social. Gorki empezou desde neno a desempregar oficios variados, ata que decidiu abandonar o fogar paterno para facer a súa vida independentemente. No trascurso de 18 anos, entre 1875 e 1893, o autor traballou como empregado de pintor, axudante de panadeiro, camareiro de barco, empregado de ferrocarriles e mesmo como vendedor de bebidas.
Toda a experiencia acumulada ó longo desa época enriquecería máis tarde a bagaxe temática do escritor. De feito, as súas vivencias e as das personas coas que traballou e conviviu deron vida ós relatos das súas obras autobiográficas Infancia, Entre os homes e As miñas entrevistas.
Unha das súas experiencias, a súa permanencia como pasante de avogado, foi a que despertou o seu gusto pola literatura e o seu interese pola cultura. En adiante, a lectura foi actividade crucial nos seus días e máis tarde deu vida ás súas primeiras narracións: Makar-Tchudra (1892) ou Tchelkach (1895).
[editar] A súa obra
A obra de Máximo Gorki creceu axiña. Xa en 1898 reunira a súa produción narrativa en dous volumes. A súa persona era cada vez máis popular, os seus contos agradaban ó público e a súa fama trascendera as fronteiras para levar o seu nome por toda Europa.
Entón, tamén as súas producións teatrais Pequenos burgueses e Os baixs fondos acadaron o éxito. Foron levadas a escena en 1902 no Teatro de Artes de Moscú e máis tarde recorreron os mellores escenarios de Europa. Estas obras de teatro empregaron innovadoramente técnicas naturalistas estructurando unha serie de tramas paralelas nas que practicamente tódolos personaxes tiñan a mesma importancia.
Noutros campos seguiu acadando novos logros. Da narrativa curta pasou á de longo alcance con novelas como “Varen’ka Olesova” (1898), Foma Gordeev (1899) e Os tres (1900).
En San Petersburgo estableceu contacto con destacados marxistas que o motivaron a volver a vista hacia os problemas sociais, convencéndoo da conveniencia do movemento revolucionario. Tamén na súa obra plasmou a súa simpatía con estes ideais, como o amosan os seus dramas O canto do petrel, Os veraneantes, Os fillos do sol, Os inimigos ou Os bárbaros. Porén, a censura recaeu sobre algúns deles. Foi nomeado membro honorario da Academia Imperial de Ciencias, pero en 1902 foille anulado o posto a causa de diverxencias políticas. Porén, Maxim Gorki non estaba disposto a ceder nos seus ideais e seguiu apoiando á Revolución, o que o levou ó carcere.
En 1907 mudouse a Capri por severos problemas de saúde. Ese mesmo ano e nese mesmo lugar escribiu a súa obra máis popular, A nai, na que relata a evolución do pensamento da nai dun obreiro socialista, así como o entorno da Rusia revolucionaria. Na illa italiana formou un centro de emigración revolucionaria ata pouco antes de estallar a Primeira Guerra Mundial. Mentras tanto, a súa fama ía en decadencia e el mismo sofría unha crise de identidade influenciado polas ideas de Tolstoi.
Ó estallar a Revolución Rusa en 1917 encontrábase na súa patria, onde traballou activamente no ámbito cultural ata 1921, cando se traslada a Alemania, onde permanece tres anos.
Despois estivo en Sorrento, e en 1928 regresa a Rusia, onde empeza a etapa da súa obra na que sustentou o réxime soviético. Maxim Gorki morreu en Moscú o 14 de xuño de 1936.