Mario Casas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mario Casas é un actor nado na Coruña en 1986.
Comezou en traballos publicitarios para televisión e, tras formarse como actor na escola de Cristina Rota, pasou a interpretar papeis en series de televisión. O seu primeiro papel fixo foi na serie xuvenil de LaSexta SMS. Actualmente ten un papel secundario na serie de Antena 3 Los Hombres de Paco.
Tamén traballou na película El camino de los ingleses, que dirixiu Antonio Banderas.