See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mario Armando Lavandeira - Wikipedia

Mario Armando Lavandeira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mario Armando Lavandeira nado o 23 de marzo de 1978 en Miami e neto de galegos é un xornalista blogueiro estadounidense, especializado en novas rosas e ruxerruxes. O seu pseudónimo é Perez Hilton, imitando o nome da actriz Paris Hilton.

Índice

[editar] Traxectoria profesional

Antes de comezar coa súa carreira de blogueiro, foi axudante de comunicación na GLAAD, unha asociación que loita contra a homofobia nos medios de comunicación e traballou e dirixiu diversas revistas gais. A finais de 2004 abre o seu primeiro blog, chamado PageSixSixSix, que se converte nunha referencia da prensa rosa na costa oeste estadounidense, e que en só seis meses recibe o cualificativo da web máis odiada de Hollywood. En 2006 pecha ese blog e abre PerezHilton, co título do seu pseudónimo, o blog co que se fixo mundialmente famoso. El mesmo [1] sinala que tiña en xullo de 2007 case nove millóns de páxinas vistas nun só día. En setembro de 2007 iniciou a súa primeira experiencia televisiva como condutor da serie de seis episodios O que larga Pérez (What Perez Sez) na canle VH1[2].

A súa carreira profesional céntrase en ruxerruxes da vida persoal de actores e cantantes, o que lle provocou numerosas críticas. Ademais dos seus acertos, tamén ten cometido grandes erros, como cando o 17 de agosto de 2007 Lavandeira anunciou a morte de Fidel Castro. Tamén é coñecido pola súa posición anti-homofóbica, denunciando no seu blog comentarios ou actitudes en contra da homosexualidade, así como polo coming-out (desvelar publicamente a homosexualidade) de políticos que votaron contra leis que favorecían a gais e lesbianas, pero tamén de coñecidos cantantes, actores ou xornalistas.

O seu estilo é ácido e informal, e abonda en montaxes fotográficas.

[editar] Vida persoal

Os seus pais son cubanos emigrados a Miami, pero de procedencia galega[3]. Na actualidade vive nos Ánxeles.

Recoñécese amigo da actriz Paris Hilton.

[editar] Referencias

  1. http://perezhilton.com/?p=2601
  2. http://www.variety.com/article/VR1117968491.html?categoryId=14&cs=1
  3. http://www.vieiros.com/nova/60597/un-neto-de-galegos-axita-a-bloguesfera-do-corazon

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -