See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Marcelino Sanz de Sautuola - Wikipedia

Marcelino Sanz de Sautuola

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Marcelino Sanz de Sautuola
Marcelino Sanz de Sautuola

Marcelino Sanz de Sautuola (1831-1888), descubridor das pinturas da cova de Altamira, Cantabria, un dos primeiros en practicar o estudo da Prehistoria en España.

[editar] Biografía

Nacido en Santander o 2 de xuño de 1831, Sautuola chegou ao estudo da Prehistoria pola súa afición, mostrada desde neno, polas Ciencias Naturais, en especial pola Botánica e a Xeoloxía. Tiña unha boa colección de minerais e fósiles. Así en 1866 presentou uns apuntes sobre a aclimatación do eucalipto en Cantabria. Consta asimesmo que estaba ao tanto dalgunhas das primeiras publicacións sobre a Prehistoria (lera a Boucher de Perthes, considerado hoxe o pai das novas investigacións).

Na década de 1870 iniciara excavacións e exploracións en covas cántabras (Revilla de Camargo, 1878). A visita a Exposición Universal de París no mesmo ano 1978 permitiulle observar as coleccións expostas de artefactos prehistóricos, o que lle causaría un grande impacto, motivándoo para explorar mellor na súa terra natal.

En 1879 descubre as pinturas polícromas nas paredes da cova de Altamira, na segunda visita á mesma (a primeira fora quizais en 1876). Segundo coñecida anécdota sería a súa filla, María, que o acompañaba, quen advertiu a existencia de "bois" pintados. Sautuola recolleu materiais en sucesivas exploracións.

No ano seguinte, 1880, Marcelino Sanz, presentou as súas conclusións nun folleto: "Breves Apuntes sobre Algunos Objetos Prehistóricos de la Provincia de Santander", aínda valioso cientificamente falando, no que mostraba unha reprodución da bóveda natural con as súas pinturas. A publicación causou un enorme impacto mundial, pois non se esperaba que a humanidade prehistórica exhibira tan alto nivel cultural, como aparecía a través da súa realización artística.

Abriuse unha fronte negativista ante a divulación de Sautuola, que só sería apoiado con tenacidade polo seu amigo Juan Vilanova y Piera, catedrático de Xeoloxía na Universidade de Madrid, autor de "Origen, naturaleza y antigüedad del hombre" (1972). O descubrimento sería presentado por Vilanova en Lisboa no IX Congreso Internacional de Antropoloxía e Arqueoloxía Prehistórica (setembro-outubro de 1880), ao que asisten algúns dos prehistoriadores máis prestixiosos de Europa: Gabriel de Mortillet, Henri Martin, Émile Cartailhac,... Salvo Martin, o resto tomará posturas escépticas e neganse a visitar Altamira. Un informe encargado en 1881 a Harlé, que avaliaría as pinturas como falsas e realizadas entre 1876 e 1879, afonda o problema. Salvouse a honra de Sautuola, a quen se considerou tamén enganado. A oposición á autenticidade das pinturas estendeuse tamén a España, onde distintos eruditos negaron a antigüidade da decoración de Altamira. Porén a verdade abriríase paso, primeiro con a comparación con as obras de arte moble e, algo máis tarde, con o descubrimento de novas covas decoradas a partir de 1895, na Franza: La Mouthe, Combarelles, Font-de-Gaume.

[editar] Fontes

  • Ripoll Perelló, Eduardo, Historia de los Descubrimientos [de la pintura rupestre], in rev. Historia 16, nº 10, febreiro 1977.
  • García Guinea, Miguel Ángel, Altamira. 1979


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -