Manuhangi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuhangi é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Hao. Está situado a 900 km ao sueste de Tahití.
É un atol pequeno, cunha superficie total de 1 km². Está deshabitado, sen ningunha infraestrutura. Foi descuberto en 1767 polo inglés Samuel Wallis que o chamou Duke of Cumberland.