Manuel Suárez Castro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Suárez Castro (Ourense, 6 de outubro de 1889 - Ourense, 27 de xullo de 1937) foi un político socialista galego, de profesión mestre de obras e alcalde da súa cidade natal.
Foi un destacado dirixente da Unión General de Trabajadores na provincia de Ourense e militante do Partido Socialista Obrero Español, durante o primeiro bienio da Segunda República Española foi Tenente de Alcalde e deputado provincial, para ser elixido Alcalde en 1936. De orientación moderada, próximo á líña de Indalecio Prieto, salientouse polas súas melloras na prestación de servizos do hospital provincial que ampliaron a gratuidade e calidade da asistencia.
Despois do golpe de Estado que deu lugar á Guerra Civil, pasou algunhas semanas refuxiado cás duns amigos até que foi detido. Inculpado e procesado o 11 de decembro de 1936, a petición do fiscal foi a de morte. Foi xulgado en Consello de Guerra o 23 de marzo de 1937, ó mesmo tempo ca outros políticos e funcionarios da provincia, simputándoselle ironicamente o delito de rebelión militar, coas circunstancias modificativas de perversidade e transcendencia[1]. Así pois, foille aplicada a pena de morte sendo fusilado o 27 de xullo de 1937, en Campo de Aragón.