Manuel Forcadela
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Forcadela (Manuel Santiago Fernández Álvarez) (nado en Forcadela (Tomiño) en 1958). Escritor galego.
É Catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio en excedencia e, na actualidade exerce como Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutor en Filoloxía Galaico-Portugesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal e colaborador habitual de revistas e xornais, é autor de máis dunha vintena de obras que abranxen a poesía, a narrativa e o ensaio literario. [1] Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York).
[editar] Obra
- Ferida acústica de río, 1981 (poemario)
- O regreso das ninfas, 1985 (poemario)
- O varreodor de outono, 1987 (poemario)
- A harpa e a terra (Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal), 1988 (ensaio)
- Eduardo Pondal. Poesía, edición crítica, prologada e anotada, 1988 (ensaio)
- Sangue sobre a neve, 1990 (novela negra)
- Barato, barato, 1991 (novela negra)
- Guía de lectura de A esmorga de Eduardo Blanco Amor, 1991 (ensaio)
- Paisaxe con muller e barco, 1992 (novela)
- Nausícaa, 1992 (poemario)
- Profecía, 1992 (poemario)
- Contos interruptus, 1993 (narrativa)
- Fóra de xogo, 1993 (novela negra)
- A poesía de Eduardo Pondal, 1993 (ensaio)
- Manual e escolma da Nova Narrativa Galega, 1993 (ensaio)
- Guía de lectura de Á lus do candil de Ánxel Fole, 1994 (ensaio)
- Anxélica, 1994 (conto)
- A equipaxe do azar, 1994 (narrativa)
- A armada invencible, 1996 (narrativa)
- Morte do fadista, 2000,(poemario)
- Refutación da musa, 2001, (poemario)
- Lámpada e medusa, 2002, (poemario)
- A procura do falso Grial, 2005, (narrativa)
- Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra", 2005, (ensaio)
- Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal, 2005 (ensaio)
- Maria Mariño: a flor das raparigas en sombra, 2007 (video, documental)
- Cólera, 2007 (video, documental)