Manuel Darriba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Darriba Blanco (Sarria, 1973) é un escritor e xornalista galego.
Licenciado en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid e en Filosofía pola UNED, traballou como reporteiro e enviado especial de El Progreso de Lugo ata o 2004. Nese ano fundou, onda José Manuel Gegúndez, a axencia de publicacións, publicidade e deseño Transmedia, editora de revistas especializadas.
Amais da novela para mozos Paf Xarope, publicou o libro de poemas Calor (1997) e a novela Outonos espectaculares (1998). No ano 2000 gañou o Premio Lueiro Rey de novela curta con Velada do billarista e no 2005 o Premio Espiral Maior de Poesía por Vostede non sabe con quen está a falar. Dúas obras súas foron publicadas en castelán por Bruguera no 2008 nun único volume: El billarista. Accidental.
No eido audiovisual, Manuel Darriba é guionista e director dos documentais Tolos por Xapón e Prodixiosos, producidos por Bren Entertainment para a Televisión de Galicia. Ademais colabora co magazine galego GPS e cos suplementos de fin de semana de El Mundo.
Índice |
[editar] Obra
[editar] Narrativa
- Paf Xarope, 1996.
- Outonos espectaculares, 1998.
- Velada do billarista, 2001.
- Accidental, 2003.
- Experimentos coa mentira, 2005.
[editar] Poesía
- Calor, 1997.
- Vostede non sabe con quen está a falar, 2006.
[editar] Traducións
- O guerreiro branco de Joanes Urkixo Beitia, 2003.
- Marizul de Bernardino Ribadavia, 2006.
- Camiños sen nome de Anna Castagnoli, 2007.