See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Manuel Aramburu - Wikipedia

Manuel Aramburu

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Manuel Aramburu (León, España, 8 de abril de 1936), pintor e debuxante español .

Iniciou a súa aprendizaxe no mundo da pintura en Pontevedra, cidade á que con motivo da Guerra civil tivo que emigrar a súa familia pouco tempo despois do seu nacemento.

Aramburu é un dos grandes mestres da pintura actual de Galicia, pertencente á chamada "xeración de vangardas e silencios", da que forman parte un grupo de artistas que desenvoveron a súa actividade creativa a partir da posguerra española. É posterior, polo tanto, a artistas como Manuel Colmeiro Guimarás ou Laxeiro, e anterior á xove escola artística galega, marcada quizais a partir da experiencia "Atlántica" nos anos 80.

En 1969 é pensionado pola Deputación de Pontevedra para estudar en París, momento en que ten a oportunidade de estudar o impresionismo, polo que se sente especialmente atraído e cuxa influencia nunca abandonou.

Índice

[editar] Obra

A obra de Manuel Aramburu pódese dividir nos seguintes períodos:

[editar] Período inicial

Etapa correspondente aos duros anos da posguerra española nunha cidade de gran tradición cultural na Galicia da primeira metade do Século XX. Trátase da súa primeira etapa de aprendizaxe, influído polos artistas galegos das xeracións inmediatamente anteriores: Manuel Colmeiro Guimarás, Arturo Souto Feijoo, Luís Seoane, e Manolo Torres; tamén, Laxeiro ou Pesqueira, artistas estes últimos cos que Aramburu tivo moito contacto e algún caso unha grande amizade e respecto mutuo.

Nesta etapa obsérvase unha grande influencia dos impresionistas do S. XIX, especialmente Paul Cezanne e Van Gogh.

[editar] Expresionismo abstracto

Durante os anos 1971 a 1975 na pintura de Aramburu atópase un tema recorrente: Os montes do Paraño, (impresionante paraxe situada na zona limítrofe das provincias españolas de Pontevedra e Ourense, que levan a súa obra a distintos museos e a ser recoñecido en publicacións nacionais como representación da moderna pintura española.

[editar] Período actual

No ano 1975 presenta na Bienal Nacional de Arte de Pontevedra a súa obra "Desmantele" que obtén a primeira medalla de ouro (posteriormente obtería a de bronce na bienal Internacional), e marca a temática da súa obra ata a actualidade, que non abandonou. Neste momento, Aramburu xa está dedicado plenamente á pintura e compaxina o seu labor artístico coa docencia nunha academia privada e como profesor de debuxo nun centro público.

Unha constante ao longo de toda a súa traxectoria é a súa faceta de retratista, estudoso de mestres como Velázquez, Goya ou Fernando Álvarez de Sotomayor, que o levan a aceptar o encargo de retratar en diversas ocasións a Xoán Carlos I, rei de España, a Filipe de Borbón, Príncipe de Asturias, ou a realizar a galería de retratos da Academia Naval de Marín ou dos decanos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Para o retrato, Aramburu utiliza tanto o óleo como a sanguina.

[editar] Museos e exposicións

Sería imposible facer unha relación das exposicións individuais de Aramburu, polo prolixo. A súa obra atópase en diversos museos españois e doutros países do mundo.

[editar] Bibliografía

"Aramburu". Santiago de Compostela, febrero-marzo 1991. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Xuventude, Dirección General de Cultura ISBN 84-453-0216-7 / 8445302167

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -