Manchester
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manchester é unha cidade do Reino Unido, conta con 437.000 habitantes (2004), mentres a área metropolitana conta con 2.539.000.
Sitúase no noroeste de Inglaterra, nunha chaira aos pés da ladeira occidental dos Peninos.
De oríxes romanas, centro manufactureiro da lá no medievo, a súa sorte vai cambiar coa reconversión da súa actividade principal pola do algodón no século XVII. Pero vai ser a descuberta da máquina de vapor apoiada polos xacementos de carbón da rexión e os abundantes cursos de auga e canais para o transporte, a que a convertan a partires de 1760 na primeira cidade industrial, inaugurando unha nova era (revolución industrial) que chega ata case que os nosos días. No século XIX Manchester e o séu cinto industrial convértense nunha das urbes maiores e máis activas do mundo.
A súa sorte vai seguir á da súa industria. Coa decadencia desta pola obsolescencia tecnolóxica e a competencia no século XX, a cidade declina.