See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mallo - Wikipedia

Mallo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Examplar de mallo
Examplar de mallo

O mallo ou manle é un apeiro agricola usado para mallar (é dicir, bater con mallo), operación de separar o gran da palla e outras envolturas que recubren o gran (rebeiras, puxa, muíña). O instrumento recibe na Galiza, consonte as comarcas, nomes diferentes: mallo, mal, manle, malle.

Índice

[editar] Descrición

O mallo está composto de dous paos, atados por unha correa ou unha cadea. Un deles, polo xeral o máis longo e menos groso, é sostido nas mans do mallador, e ten diversas denominacións, segundo o lugar (pértego, moca, monca, mangueira, mangueiro, almanca). O seu movemento impulsa, a través das correas ou cadeas, un segundo pao, máis groso, que será o que bata no cereal directamente; este recibe tamén diversos nomes segundo as comarcas (porro, mallo, pértego). A correa ou cadea que une ambos paos recibe a súa vez tamén denominacións variadas: correa, casula, puga, carrachola, narigota, asa, cedoiro, encedoiro, loro, meá, temoeiro, capeliza, etc. Algúns destes nomes son en realidade unha estensión sinestésica das cubertas de coiro ou metálicas (casula) que poden ter os extremos dos dous paos para protexelos do desgaste por rozamento co seu uso.

Os tamaños de cada peza de pao varían co cereal no que se empreguen e a experiencia propia do mallador. Datos obtidos de mallos, para trigo, de granxeiros de Quebec (Canadá) mostran mocas de 1,5 m de longo e 3 cm de diámetro, con porro de 1 m de longo e 3 cm tamén de grosor.

Campesiños franceses mallando con manles, ca 1270
Campesiños franceses mallando con manles, ca 1270

[editar] Retroceso do mallo

Os mallos caeron en desuso en moitos países a causa da aparición e o acceso do campesiñado ás maquinas de mallar, que liberaban a man de obra campesiña. Máquinas que nas súas fases máis avanzadas son capaces de presentar o gran totalmente limpo de rabeiras e muíña. Porén en moitas rexións mantense, pois non existen máquinas que realicen a malla. Así en zonas de Minnesota, nos mesmos Estados Unidos de Norteamérica, o arroz bravo só pode ser mallado con mallos curtos duns 30 cm.[1]

[editar] Usos non agrícolas

Como outros apeiros agrícolas, os mallos foron usados como arma polos campesiños que non dispuñan de armas mellores. Unha coñecida evolución do mallo, é o nunchaku xaponés, arma desenvolvida no kobudo.

O mallo e o caxato, símbolos faraónicos
O mallo e o caxato, símbolos faraónicos

O mallo, xunto co caxato (con cabo incurvado como un bastón) figura como emblema do faraón do Exipto. O mallo simboliza o papel do faraón como dispensador de alimentos para o seu pobo, e o caxato o papel como pastor dos seus súbditos. Os dous son símbolos que o vinculan con Osiris, ó que lle pertencen, como señor de ultratumba. Como símbolo de poder, o faraón soía ostentar o mallo.

En Exipto o mallo era utilizado para bater nos captivos e nos escravos.

[editar] Véxase tamén

  • Malla.
  • Malladoira.
  • Nunchaku.

[editar] Referencias

  1. Minnesota Wild Rice Harvest regulations, from Minnesota Department of Natural Resources


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -