Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O magyarosaurus foi un dinosauro, un pequeno saurópodo que habitou no Cretácico final (Maastrichtiano) no que hoxe é Romanía, un dos máis pequenos saurópodos adultos coñecidos, media só seis metros de longo, o seu pequeño tamaño é un caso típico de ananismo insular, unha forma de adaptamento ás condicións ambientais, a penuria de alimento e a falata de grandes predadores favoreceu a evolución dos animais máis pequenos.
[editar] Descuberta
Os restos deste saurópodos descubríronse na rexión de Hunedoara (Romanía), descrito por Nopcsa por primeira vez como Titanosaurus dacus en 1915, cambiouselle o nome en 1932 por Magyarosaurus dacus.
[editar] Referencias
- Kristina Curry Rogers, "Titanosauria: A phylogenetic Overview" in Kristina Curry Rogers and Jeffrey A. Wilson, (eds) 2005, The Sauropods: Evolution and Paleobiology, University of California Press, Berkeley, ISBN 0-520-24623-3
- Die fossile Reptil-Ordnung Saurischia, ihre Entwicklung und Geschichte. Huene, F. von MONOG. GEOL. PAL. 4 (1) pts. 1 and 2, viii +361 pp (1932).
- Die Dinosaurier der siebenburgischen Landesteile Ungarns. Mitteil. Nopcsa, F. JB. K. UNGAR. GEOL. REICHSANST. 23;1-26 (1915).