Luis Torras
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luís Torras Martínez (Vigo en 1912), pintor galego.
[editar] Biografía
Cursou estudos na Escuela de San Fernando de Madrid. Na exposición rexional celebrada en Vigo, en 1960, obtivo accéssit. Na Nacional de Belas Artes de 1962 foi galardoado coa terceira medalla. No primeiro certame Unión Fenosa, foi distinguido coa adquisición dunha paisaxe.
Torras fixo escasísimas exposicións, algunhas en Vigo e outras cidades de España. Foi obxecto dunha exposición antolóxica no Centro Cultural Caixavigo en 1985, institución para a que fixo na na década dos sesenta, e tamén concorreu ás Bienais de Pontevedra. A súa pintura atópase no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, na Casa das Artes de Vigo e nas máis importantes coleccións institucionais e particulares.
Comezou nun realismo figurativo e evolucionou a unha síntese de factura exquisita, do que a mellor referencia podería ser Pancho Cossío, pola limpeza e xogo de luces dos seus bodegóns, ata pasar a un paisaxismo de ascendencia "fauve". Os elementos da natureza sintetízanse nas súas paisaxes. Foi tamén retratista.
Artista solitario, afastado de cenáculos e certames, compaxinou a súa vocación pola pintura coa milicia e o ensino na Escola de Artes e Oficios de Vigo.
[editar] Bibliografía
- Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.
- Pantorba, Bernardino de: Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes. Madrid, 1980.
- Catálogo da mostra antolóxica. Vigo, Caixavigo, 1985.
- 20 años de arte en Pontevedra. Diputación, 1989.
- I Mostra Unión Fenosa. A Coruña, 1989.
- Ilarri Gimeno, Angel: Catálogo do Pazo Museo «Quiñones de León». Vigo, Concello. 1978.